PRESENTACIÓN DO PROGRAMA DE ATENCIÓN TEMPERÁ
O día 17 de setembro de 2019 convócase unha reunión para a presentación do Programa de Atención Temperá que se puxo en funcionamento na a nosa asociación a finais do mes de xuño.
No acto reuníronse representantes dos distintos municipios integrantes da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol así como de ASPANEPS, e as traballadoras que levan a cabo o servizo de Atención Temperá. Achegáronse tanto responsables das concellerías en materia de servizos sociais coma técnicos de intervención directa coas familias e menores. Asimesmo. Tamén asistiu como convidado especial D. Jaime Ponte, Presidente da Asociación Galega de Atención Temperá.
Este servizo, que se presta en convenio coa Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, é financiado pola Xunta de Galicia e cofinanciado pola Unión Europea. Está enmarcado no Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020, obxectivo temático 9: Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social.
Nos seguintes enlaces achéganse as noticias publicadas en distintos medios sobre a presentación.
- La Voz de Galicia: La Mancomunidad prestará servicio de atención temprana a través de Aspaneps
- Ferrol 360: La Mancomunidade presenta junto a Aspaneps su servicio de atención temprana a menores
- Galicia Ártabra: A Mancomunidade presentou o seu servizo de atención temperá para nenos
- Asociación Galega de Atención Temperá: PRESENTACIÓN DO SAT DA MANCOMUNIDADE DE FERROL
- Cope: La Mancomunidad presenta un nuevo servicio de atención temprana en colaboración con Aspaneps