CARTEL WEB

 

QUE É A ATENCIÓN TEMPERÁ?

 

A Atención Temperá é o conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á familia e á contorna, que teñen por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades que presenten os menores (dificultades no desenvolvemento cognitivo, na linguaxe e na comunicación, no desenvolvemento motor, nas relacións con outros, problemas de conduta, xestión emocional,...)

 

A QUEN ATENDEMOS?

 

Nenos/as de 0 a 6 anos, así como ás súas familias e á súa contorna, residentes nos Concellos da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol (Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño; para os cales ten carácter gratuíto.

 

CAL É O NOSO OBXECTIVO PRINCIPAL?

 

Proporcionar unha atención integral e de calidade buscando acadar o maior desenvolvemento do neno/a e da súa familia a súa autonomía e benestar emocional. As intervencións están dirixidas a lograr respostas normalizadoras que permitan ó neno/a e á súa familia ser suxeitos activos no seu proceso de cambio favorecendo a súa adaptación ó entorno.

 

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS E ACTUACIÓNS

 

  • Potenciar a autonomía e o desenvolvemento persoal.

Accións:

    • Desenvolver un Plan Personalizado de Intervención que facilite a valoración e tratamento multimodal das dificultades detectadas.
    • Levar a cabo accións específicas de apoio que faciliten a adquisición de habilidades adaptativas que permitan acadar o máximo grao de autonomía persoal promovendo o recoñecemento da individualidade.

 

  • Facilitar a adaptación á contorna.

Accións:

    • Apoiar, orientar e asesorar ás familias ante as necesidades evolutivas e psicoafectivas dos seus fillos ou fillas.
    • Promover accións que faciliten a adaptación das contornas, dende a familia ata o medio social no que se desenvolve o neno/a, tendo en conta a igualdade de oportunidades e acadando o máximo grao de integración social.
    • Establecer a coordinación necesaria cos dispositivos sanitarios, educativos e sociais.

 

  • Desenvolver actuacións preventivas.

Accións:

    • Levar a cabo actuacións comunitarias cos centros de educación infantil e programas comunitarios de prevención.
    • Dar prioridade á detección e seguimento de menores con indicadores biopsicosociais en risco.

 

 O NOSO EQUIPO

Contamos cun equipo transdisciplinar, especializado en Atención Temperá, integrado por psicólogas, psicomotricistas e logopeda, así como contamos con servizo de traballo social e administración que colaboran co programa.
Os valores que rexen a nosa intervención son a eficiencia e calidade, a transparencia, o compromiso, a ética profesional, o respecto pola individualidade e a dignidade das persoas.

 

 

TRÍPTICO INFORMATIVO

 

 

 

Subcategorías