Hoxe celebramos o PRIMEIRO ANIVERSARIO DO SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ que se leva a cabo dende ASPANEPS, conveniado coa Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, a través de Política social (cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020), pertencente á Rede Galega de Atención Temperá.

Ao longo deste ano foron atendidas un total de 77 familias procedentes dos distintos concellos que conforman a Mancomunidade (Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño). 

 

Queremos dar as GRAZAS a todos aqueles que colaboraron en poder facer posible que este servizo estea a funcionar. Tamén queremos dar un especial agradecemento ás familias, por confiar e facer equipo con nós, e polo seu gran traballo dende a casa (especialmente durante esta extraordinaria situación que estamos vivindo).